PollutedPast ou PasadoContaminado é un proxecto ERC con sangue galega
A contaminación ambiental por metais tóxicos é unha das grandes ameazas para a nosa terra. Os países europeos promoveron iniciativas exitosas para controlala, mais segue sendo un problema crítico. Metais como o mercurio, o chumbo, o cobre, o cadmio ou o arsénico son tóxicos para os humanos mesmo en doses baixas, e é difícil saber cómo nos afectan hoxe en día. A investigación actual está a tentar modelar posibles escenarios futuros, así como as súas consecuencias para as nosas vidas, esquecendo a dimensión histórica deste problema de longa duranción. Detectamos que a contaminación está presente en poboacións preindustriais e mesmo prehistóricas.
PollutedPast ten como meta desenvolver un novo campo de investigación para abordar a exposición humana a metais no pasado vencellando a información obtida de restos esqueléticos arqueolóxicos coa dos arquivos naturais. O obxectivo xeral é determinar a gravidade da contaminación por metais nas poboacións preindustriais, xa que parece ser tan antiga como a minería e a metalurxia. Queremos comprender mellor o custo histórico da tecnoloxía nas vidas e os corpos da nosa especie, e nas vidas e corpos dos antiguos galegos
PollutedPast é un proxecto ERC Consolidator Grant financiado pola Unión Europea. Este desenvolvese entre a Universidade de Santiago de Compostela (onde temos a sede principal) e a Stockholms Universitet en Suecia.
Por qué PollutedPast é importante para Galicia?
Este proxecto estuda un gran número de xacementos arqueolóxicos e arquivos paleoambientais da Península Ibérica, moitos deles no Noroeste da mesma. A nossa península foi de sobra coñecida pola súa riqueza en metais, com minas como Almadén, unha das maiores minas de mercurio do mundo.
Os metais están no noso patrimonio cultural, e a contaminación tamén. Ao estudar xacementos coñecidos como A Lanzada (en Pontevedra) podemos, por unha banda, coñecer mellor a nosa historia e, por outra, afrontar mellor o futuro.
O patrimonio e a riqueza arqueolóxica de Galicia é enorme, feito que nos está axudando a liderar esta nova liña de investigación. Neste país están previstas varias actividades, estade atentos á páxina web e ás redes sociais. Se vos parece interesante o noso proxecto, non dubides en contactar connosco.